
Archivos de la categoría:Resaltables


Cartel do III aniversario do coro Vales Mahía
Este é o noso cartel

III ANIVERSARIO DO CORO VALES MAHÍA
28 de marzo de 2015 as 20:30 horas
O coro Vales Mahía fai o concerto do seu III aniversario o día 28 de marzo de 2015. Nesta ocasión comezará o concerto as 20:30 horas e será no auditorio Manuel Dopazo de Bandeira. E querémoslle render unha homenaxe ao noso baixo e ante todo compañeiro e amigo desaparecido hai pouco Antonio Quinteiro, Tonecho.
Acompañaramnos neste concerto:
- MUSIQUIÑOS, que é o coro da escola de música municipal de Silleda.
- CORAL POLIFÓNICA DA ESTRADA.
- GRUPO DE ACOMPAÑAMENTO DE FORTÍN DA POMBA.
- BANDA DE MÚSICA DA BANDA DE MÚSICA RC DE BANDEIRA.
- BANDA DE MÚSICA RC DE BANDEIRA
- E como non, CORO VALES MAHÍA.
Esperemos que vos guste e que disfrutedes tanto coma nos deste maravilloso concerto

Actuación polo día de Santa Cecilia en Bandeira
O vindeiro sábado 23 de novembro celébrase o día de Santa Cecilia en Bandeira ca actuación do Coro Vales Mahía e a Banda de Música RC de Bandeira no auditorio Manuel Dopazo e na que se vivirá este día da música. Posteriormente, os integrantes dos ditos grupos confraternizarán nunha cea.

O 22 de marzo, concerto Aniversario 2014
O 22 de marzo de 2014 ás 9 da noite celebraremos o concerto aniversario do Coro Vales Mahía no auditorio Manuel Dopazo de Bandeira. Dende o ano 2012 que foi o estreno do coro houbo moitos cambios nos componentes do coro, pero ese é o espíritu dun coro: algunha xente por diversas circunstancias non pode seguir vindo aos ensaios, pero incorpórase outra nova. Seguemos sendo un número parecido de integrantes ano tras ano, o que nos consolida como un coro sólido e con moito futuro.
A directora é a mesma, Cristina, e a ela lle queremos agradecer que este coro se crease e se manteña neste nivel.
Somos un coro con pouco tempo pero que nos atrevemos co que faga falta. As veces son cancións noutro idioma (sobre todo o inglés que para algúns cóstalle moito) pero botámoslle ilusión e intentamos facer esos temas complicados o mellor posible: nada se nos pon por diante. E neso consiste, en ilusión, constancia e en pasalo ben co noso grupo.
A nosa actuación estará acompañada de outros grupos e dunha presentación curta:
- Coro Vales Mahía
- Coral polifónica Padronesa
- Os Sin Son Ghaiteiros
- Banda de gaitas do concello de Forcarei
- Banda de música recreatica e cultural de Bandeira
Esparamos que disfrutedes con esta noite de música. E grazas a todo o noso incondicional público.

Noite expléndida no Auditorio Manuel Dopazo
O 30 de novembro de 2013 actuou as 20:30 no Auditorio Manuel Dopazo en primeiro lugar o Coro Vales Mahía, e despóis a Banda de Veteranos de Bandeira e a Banda Recreativa e Cultural de Bandeira dirixida polo colombiano Álvaro Germán Acosta Hidalgo.
O programa de actuación do coro Vales Mahía:
- Audite Silete (M. Praetorium S.XVI)
- Compañeira
- Balaio
- Doña Francisquita
- “Ensalada Madrileña” Don Manolito (Música: Pablo Sorozábal Texto: Luís Fernández de Sevilla e Anselmo Carreño)

Coro Vales Mahía 2013
O coro Vales Mahía está integrado por diversas voces femininas e masculinas integradas en catro cordas: Sopranos, Contraltos, Tenores e Baixos.
Sopranos:
- Cristina Ferro
- Pilar Ledo
- Tere Fernández,
- Fina González
- Mercedes Iglesias
- Mª Dolores Míguez
- Mª José Gómez
- Esperanza Vila
- Sara Pena
- María Jesús Rogríguez
- María del Carmen Vilela
Contraaltos:
- Blanca Maceira
- Pilar Espiño
- Mª José Domínguez
- Clara Espiño
- Mª Carmen Campos
- Andrés Seoane
- Daniel Lage
- Luis Villanueva
Tenores:
- Javier López
- Ramiro Agra
- Manolo Cao
- Luís Espiño
- Carlos Cid
- Daniel Iglesias
Baixos:
- Braulio Cao
- José Enrique Cuiña
- Antonio Quinteiro
- Manuel Mejuto
- Albino Fernández
- Manuel Fernández
- José Manuel Diéguez
- José Elías Ayude
- Jose Ramón Salgueiro
- Manuel Vieitez
- Ramón Cuiña
- Manuel Domato