O 22 de marzo de 2014 ás 9 da noite celebraremos o concerto aniversario do Coro Vales Mahía no auditorio Manuel Dopazo de Bandeira. Dende o ano 2012 que foi o estreno do coro houbo moitos cambios nos componentes do coro, pero ese é o espíritu dun coro: algunha xente por diversas circunstancias non pode seguir vindo aos ensaios, pero incorpórase outra nova. Seguemos sendo un número parecido de integrantes ano tras ano, o que nos consolida como un coro sólido e con moito futuro.
A directora é a mesma, Cristina, e a ela lle queremos agradecer que este coro se crease e se manteña neste nivel.
Somos un coro con pouco tempo pero que nos atrevemos co que faga falta. As veces son cancións noutro idioma (sobre todo o inglés que para algúns cóstalle moito) pero botámoslle ilusión e intentamos facer esos temas complicados o mellor posible: nada se nos pon por diante. E neso consiste, en ilusión, constancia e en pasalo ben co noso grupo.
A nosa actuación estará acompañada de outros grupos e dunha presentación curta:
- Coro Vales Mahía
- Coral polifónica Padronesa
- Os Sin Son Ghaiteiros
- Banda de gaitas do concello de Forcarei
- Banda de música recreatica e cultural de Bandeira
Esparamos que disfrutedes con esta noite de música. E grazas a todo o noso incondicional público.