Actuaciones

ESTRENO: 28 de xaneiro de 2012

Despois de máis dun ano de traballo, o vindeiro sábado día 28 de xaneiro terá lugar a estrea do Coro Vales Mahía da Bandeira, unha formación integrada por corenta voces mixtas. A cita será no auditorio Manuel Dopazo ás 21.00 horas, coa interpretación dun repertorio variado que aglutinará distintos estilos e épocas musicais, dende o século XV ou XVI ata gospel, zarzuela ou temas actuais.
O proxecto botou a andar en setembro de 2010 por iniciativa da Banda Recreativa e Cultural da Bandeira, que con esta sección vocal amplía a súas posibilidades, contando xa coa Banda Xuvenil, de Veteranos e a Escola de Música.

Presentación do Coro Vales Mahía
Na presentación do que será o debú do coro, a presidenta da agrupación, Blanca Maceira, destacou a “gran acollida e interese que despertou dende o principio esta iniciativa”, que xunta a xente de moi diversas idades. “Logo dun ano de ensaio durante dúas horas todos os venres, comezamos a pensar que deberíamos de presentarnos aos nosos veciños, e así xurdiu a idea do concerto-estrea do vindeiro sábado”, sinala a presidenta.
Á hora de buscar nome para a agrupación, un dos integrantes, Alberto Maceira, lembrou que na localidade nacera o afamado tenor  José Vales Mahía (Manduas 1896-Bos Aires 1976), ao que a Casa de Galicia na capital arxentina becou para estudar canto en Italia, chegando despois a actuar por todo o mundo en grandes teatros e auditorios colleitando un grande éxito. Ao mesmo tempo tamén se contribúe a dar a coñecer a figura deste importante persoeiro que da ademais nome á praza situada xunto a este auditorio.
O  coro está dirixido por Cristina Taboada, veciña da parroquia silledense de Lamela e unha das poucas profesionais adicadas á música que conta en Galicia co título superior de Dirección de Coro, especialidade que cursou no Real Conservatorio Superior de Madrid e que  suma ao seu brillante currículum. “É un proxecto que afronto con moita ilusión. Teño moita empatía cos integrantes porque teño actuado coa Banda da Bandeira”, sinala a directora que tamén asume a traxectoria “como un reto, xa que a maioría dos integrantes da formación non ten estudos de música, algo que suplimos cun traballo do que estou moi orgullosa”, engade a directora.
O concerto do sábado estará presentado por Nicolas Camino Huertas, fundador da Asociación Galega de Radiodifusión, e un dos pioneiros da Radio Galega, onde presentou durante anos espazos de referencia para corais e bandas como “Concerto Popular” ou “Así canta Galicia,” programa este último que tamén dá título a un dos seus libros.

Un dos moitos ensaios
Á presentación do primeiro recital, que tivo lugar hoxe na Bandeira tamén asistiu o director da Banda Recreativa e Cultural da Bandeira, Miguel Rodríguez Barrio, así como outros membros da directiva, da que forman parte Juan Ramiro Agra (vicepresidente); Javier López Caramés (secretario); Manuel Fernández Cerdeira (tesoureiro) así como varios vogais.
Así mesmo, no acto tamén interviron a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena e o concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez da Torre, que apadriñaron este novo proxecto co que A Bandeira e o municipio amplían a súa oferta cultural e musical.
Da Torre destacou a mocidade dos integrantes da formación coral, “cunha medida de idade que vai contribuir a unha maior proxección de futuro”.
A alcaldesa, Paula Fernández Pena, que pechou a presentación, apuntou que, “por riba da aportación desta iniciativa a nivel cultural é de reseñar a ilusión que manifestan os integrantes da agrupación.

A ESTRADA
O 29 de abril DE 2012 as 9 da noite actuou o coro Vales Mahía de Bandeira no casino da Esrada nunha actuación que foi unha continuación da sua estrea levada a cabo en Bandeira, incluindo novas cancións.
BANDEIRA
O 6 de mayo DE 2012 en Badeira no festival de Azaloira
LALÍN
30 de decembro de 2012 na residencia de maiores de Lalín
BANDEIRA
El 4 de enero de 2013 en el auditorio Manuel Dopazo de Bandeira en el festival de Nadal junto a la Banda de Bandeira, la coral de Trasdeza y los grupos de baile Xirandola y Fortín da Pomba
BANDEIRA
El día 3 de marzo de 2013 en Bandeira en su reestreno. Actuó en el Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira acompañado de la Banda Rereativa y Cultural de Bandeira y en esta ocasión también cantó la coral de A Golada.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>